O Foxo recibe a Miro Villar pola reedición da obra “O Nariz de Fiz”

O colexio estradense de O Foxo foi o escollido onte para a presentación da reedición, por parte de Editorial Galaxia, da obra O nariz de Fiz, da autoría de Miro Villar. O escritor chegou a este centro educativo do rural da Estrada a primeira hora da tarde. Foi recibido no Xardín da Poesía e con música, grazas á participación dun grupo de cantareiras. De seguido, plantou unha árbore neste espazo –escolleu un limoeiro– e máis tarde estreou o seu propio recuncho na biblioteca do centro. Aínda que en pequenos grupos pola situación sanitaria, os alumnos de distintos cursos foron sumándose a esta homenaxe con lecturas e recoñecementos diversos.