Galiciencia premia a dúas alumnas do Aller por unha aplicación para reducir contaxios en cafeterías escolares
Plantea un sistema de pedidos e de pagos electrónicos | O centro presentou outro proxecto que notifica positivos nas aulas

Mural sobre o consumo responsable. O deputado provincial Manuel González inaugurou onte un mural centrado na producción e no consumo responsable, elaborado polo estudantado do instituto Aller Ulloa. Este creación forma parte do programa da Deputación DepoRúARTE. A convocatoria deste ano céntrase no clima, no horizonte do ano 2030, e pretende concienciar á xente nova sore os problemas da crise climática e a posta en marcha de accións sostibles. | BENRABÉ/ANA AGRA / Salomé Soutelo

Nestes tempos de pandemia, cos continuos peches de hostelería para evitar aglomeracións de xente, fixose moi común a expresión inglesa “take eat”, referíndose a comida para levar. Galeguizado queda en “Teiki”, que é ademais o nome do proxector desenvolto por Andrea Solís e Laura Cancela co que acadaron a mellor valoración popular no último certame de Galiciencia.
As dúas son alumnas do segundo curso do ciclo formativo superior de Desenvolvemento de Aplicacións Web e déronlle forma a este proxecto pensando en cómo evitar as aglomeracións e os retrasos que se producían na cafetería do instituto debido a que o alumnado tén que gardar distancias e ñas medias de de desinfección que teñen que empregar os responsables cada vez que unha persoa paga en metálico. Con Teiki, ponse en marcha unha aplicación que ofrece un catálogo de productos ás persoas usuarias rexistradas. Estas poden ir facendo os seus pedidos para o turno de recreo que teñan asignado (os recreos agora están escalonados), e dispoñen dun moedeiro electrónico para pagar. Se ao cabo do día non recolleron o eu pedido, en caso de que sexa un bocadillo quente cóbraselle igual, pero se é un produto non perecedoiro, como unhas patacas fritidas, devólveselle o importe. O titor deste proxecto, Javier Lozano, indica que o programa incluso avisa á persoa usuaria cando ten pouco saldo para facer os seus pedidos, e engade que con esta aplicación non sería necesario que aumentase a plantilla que atende a cafetería do instituto.
Cada persoa ten unha hora concreta para recoller o pedido, de xeito que se evitan colas e esperas porque ao ensinar o seu móvil c código do produto escollido xa o recolle no instante. Esta aplicación web é extrapolable non só a cafeterías de centros de ensino, senón tamén a cafeterías que traballan en polígonos industriais, por exemplo.
Este é o primeiro ano que Galiciencia abre o concurso a proxectos de ciclos formativos, así que para o Aller Ulloa foi un auténtico éxito este recoñecemento para o seu Teiki. Pero ademais, o docente Javier Lozano tamén era o titor doutro proxecto que acudiu a este mesmo certame, e que consiste nunha aplicación web que permite xestionar de maneira automática avisos a proxenitores cando se detecta un positivo de COVID nunha aula.
- Aurelio Rojas, cardiólogo, recomienda este cambio cuando salgas a caminar: «Es como pasar de ver la tele a entrenar tu sistema cardiovascular»
- Si ves una cría de pájaro caída del nido, no la cojas: esto es lo que dice la Sociedad Española de Ornitología
- Andrés Millán, abogado laborista: «Nunca me jubilaría 24 meses antes, como mucho lo haría 19 o 20 meses antes»
- Vuelos ya cancelados y billetes «trampa» en Santiago: despega la operación cierre de Lavacolla
- Antonio Guerrero, gastroenterólogo: 'El cáncer de hígado es asintomático, pero una simple ecografía puede salvarte la vida
- Un tiktoker logra acceder a la Isla de Toralla y muestra a sus seguidores lo que nunca se ve: «Qué locura»
- Devuelve la cartera de un joven de Aldán con el dinero que tenía para viajar a Tenerife: «¡Personas que son ángeles!»
- Su hija se corta el pie en una piscina de Samil: «El socorrista me dijo que le había pasado a otros niños, pero aún no se arregló»