Suscríbete

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Gres, cinco anos de orfandade

Alumnado do instituto Marco do Camballón rende un tributo a Xosé Neira Vilas no quinto cabodano do seu pasamento

Alumnos do IES Marco do Camballón, na ponte 
que comunica as illas de Gres e (abaixo) lendo un 
código dixital cos seus móbiles.   | // BERNABÉ/ANA AGRA

Alumnos do IES Marco do Camballón, na ponte que comunica as illas de Gres e (abaixo) lendo un código dixital cos seus móbiles. | // BERNABÉ/ANA AGRA

Queiman e Pousa, na Fundación Xosé Neira Vilas.

Dentro de cinco anos, cando se cumpran dez do pasamento de Xosé Neira Vilas, poderá solicitarse que se lle adique o Día das Letras Galegas. Por iso, o instituto Marco do Camballón pón en marcha o Proxecto Somos, no que colaboran diversos departamentos, como o de Normalización, Matemáticas, Educación Física, Latín, Filosofía, e Bioloxía. Tamén hai implicación do profesorado de distintas materias noutra proposta, a de Ao Son da Oralidade.

Estas dúas iniciativas permitiron que onte a rapazada do instituto examinase a figura e o legado de Neira Vilas desde distintos aspectos. O alumnado de primeiro da ESO chegou pola mañá á Fundación de Gres, onde montaron unha festa como lle gustaba a Neira: cantando a Rianxeira e cunha muiñeira. Non houbo bombas de palenque, pero si petardos. E é que o motivo desta xornada era a a festa, a festa a que Balbino, o protagonista de Memorias dun neno labrego, non puido acudir durante tres anos por ter que gardar loito.

Este libro tamén protagonizou outros actos da xornada, como un concurso sobre dez topónimos que figuran nel. Houbo tempo tamén para visitar a Fundación da man do seu presidente, Fernando Redondo, e de aprender as técnicas do xogo de tiro de pedra ou do da chave.

Xa no cemiterio, diante da tumba de Neira Vilas e da súa esposa, Anisia Miranda, leuse unha carta na que se recollía o amor de Neira Vilas por Galicia e por Gres, así como pola música e en particular polos concertos da Unión Musical Ponteledesma. A carta, igual que fixo Balbino co seu diario, quedou enterrada despois nas Insuas de Gres. Nesta área recreativa hai un monolito que recolle, precisamente, un poema de Neira Vilas sobre a terra que o viu nacer e que acolle para a eternidade. Nas insuas que baña o Ulla o alumnado disfrutou, xa contra o mediodía, dunha merensa, así como dun roteiro matemático e outro biolóxico, mediante o emprego de códigos QR.

Acto en Ponteceso

Non foi a única actividade de homenaxe a tan magno escritor. Pola tarde, o dúa Queiman e Pousa presentou na fundación a súa peza O Himno, inspirada nos 100 anos do Himno Galego. Lonxe das terras cruceñas, pero moi preto na memoria, na Fundación Eduardo Pondal, en Ponteceso, tivo lugar o concerto lírico Cantos de amor. Está inspirado en poemas de Neira Vilas, interpretado pola soprano Victoria Álvarez Acón e o pianista Vicente Castro Alonso. Forma parte da programación de Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021.

Para continuar leyendo, suscríbete al acceso de contenidos web

¿Ya eres suscriptor? Inicia sesión aquí

Y para los que quieren más, nuestras otras opciones de suscripción

Compartir el artículo

stats