Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Ito Mosquera | Pintor artístico

“Para facer o mural realista inspireime en miña avoa e como ela facía os labores”

O pintor artístico Ito Mosquera inaugurou en Lalín a obra en homenaxe ás mulleres rurais

Ito Mosquera con las ediles Paz Pérez y Begoña Blanco, durante la inauguración del mural. | // BERNABÉ

Lalín continúa traballando para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Na xornada de onte as ediles Paz Pérez e Begoña Blanco inauguraron o mural en homenaxe ás mulleres rurais co seu autor, Ito Mosquera. O pintor artístico natural de Fene reflexou no espazo situado na rúa Areal o labor destas mulleres

–Como xurdiu a idea do mural de Lalín?

–Como a edil me dixo que ía a ser unha homenaxe á muller rural pois inspireime na miña avoa. Ela ía coller á herba e todo iso, entón busquei imaxes que representasen algo así. Sempre iba co pano mítico na cabeza, como andaban as mulleres de antes. Logo busquei unhas paisaxes de Lalín de fondo e tamén metín o carro de madeira. Sobrepuxen as imaxes e de aí saíu o bocexo final que gustou moito.

–Cal é o proceso para crear este tipo de proxectos?

–Antes de facelo, cando me o cliente me chama, dependendo do soporte onde o vou facer, fago unha fotografía. Logo dinme a idea do que queren facer e se xa teñen clara a temática mellor, moitas veces teño que imaxinarma eu. Unha vez que teño o lugar, na casa traballo en formato dixital coas imaxes que elixo para facer o mural e transfórmoas en debuxo. Vounas sobrepoñendo sobre o soporte para que se vexa como vai quedar ao final.

–Normalmente en que se inspira para as creacións?

–Os murais que fago eu son realistas. Este tíveno fácil porque en canto me dixeron o que querían pensei na miña avoa. Nos demais, pois cando me piden algo inspírome en paisaxes, en xente normal da rúa e a partir de aí vou situando eu sempre cunha perspectiva, para que saia un resultado moi realista.

–Que técnica emprega?

–Non uso sprais, emprego pintura tradicional a brocha. A veces cun lixeiro toque de aerógrafo, pero pouco máis. Sempre pintura artesanal e tradicional.

–Este era o primeiro mural que facía por este concello?

–Si, fixen outros traballos de pintura artística por Barcelona, un local de hostalaría de dúas plantas; en Madrid un concesionario; e en Canarias unha discoteca. Tamén me desprazo moito pola península e a comarca da Coruña e Ferrol teño feitos moitos traballos, porque é a miña zona e a xente xa me coñece. Muros para colexios, parques temáticos... Levo máis de vinte anos dedicándome a isto.

–Os murais son a súa especialidade?

–Tamén fago outras cousas como habitacións infantís, decoracións para locais, murais de gran formato, fachadas de casas... Un pouco de todo.

–Está pendente de algún traballo recente?

–Si, pola zona de Pontedeume nun colexio que é un mural exterior grande e tamén varios traballos particulares, porque fago retratos para a xente particular que tamén é unha das cousas que máis me dedico. Son estilo pop art e esperando que co ano novo veña a normalidade e poida volver o mesmo ritmo de traballo que había nestes meses.

–Como funciona o tema dos retratos?

–A xente particular ponse en contacto comigo a través da miña páxina dixital e en redes sociais, que teño bastantes seguidores. A partir das fotos que me mandan, envíolles o bocexo, concordamos un precio e envíolles o resultado final do retrato.

–A pintura artística, está tendo un bo momento?

–Está en auxe a verdade. Teñen moita demanda os murais artísticos. Fai anos o que máis se poñía eran rótulos de neón e vinilos, pero agora a xente volve a demandar o traballo artístico que ten un acabado moito máis bonito, que vou a dicir eu! Hai moita diferencia, é outro acabado que non é comparable a outros traballos que hai por aí.

–Como foi o traballo coa pandemia?

–Ao principio, cando empezou todo, estiven confinado coma todo o mundo. Temíame que a capacidade traballo, que tiña moitos encargos, caería. Pensei que a xente cancelaría, e sería moi normal porque o traballo artístico e decoracións de murais e demais non era prioritario nesta pandemia. Porén, unha vez que saimos en maio empezáronme a chamar e con sorte voume defendendo e teño bastante axenda. No tema dos retratos como son solicitudes de particulares cambia a situación. A xente en realidade ten outras prioridades. Pero como normalmente son murais de arte urbano, para concellos e así, iso segue adiante.

Compartir el artículo

stats