A zoqueira cruceña Elena Ferro interviu onte nunha mesa redonda, dentro da quinta Xornada de Onomástica Galega que organiza a Real Academia Galega. A artesá de Merza explicou que adoita empregar topónimos galegos para os seus produtos. Comezou con nomes das parroquias crueñas de Merza, Carbia, Piloño ou Camanzo, e agoa bota man tamén de topónimos que ve nas súas viaxes ou das suxestións que lle fan chegar polas redes sociais. Así, cada zoco leva o nome dunha aldea ou dunha parroquia.