O prestixioso grupo de folk Milladoiro actuará esta noite no Teatro Principal da Estrada ante 60 espectadores –o máximo aforo permitido no nivel 2 por Covid– no marco da xira do corenta aniversario do seu disco “A Galicia de Maeloc”. Promovido por Turismo de Galicia, contando con la colaboración do Concello da Estrada, o concerto repasará as pezas emblemáticas do seu repertorio e tamén algunhas pezas do seu último traballo, Atlántico.