Será un momento atípico para Lume na Lareira. Acostumados a encher o Teatro Principal cada ano co seu festival, nesta ocasión as restricións sanitarias obrigarán a reducir o aforo a so trinta afortunados. As entradas poranse á venta no departamento de Cultura do Concello da Estrada e terán un prezo de cinco euros. Aqueles que as consigan terán unha íntima cita con Lume na Lareira o día 15 de novembro no Teatro Principal a partir das 19.00 horas.

Esta decimo terceira edición do Festival Folk Lume da Lareira foi presentada onte polo seu organizador, Juan Ruibal e o edil de Cultural do Concello da Estrada, Juan Constenla. O primeiro deles quixo deixar claro que, a pesar de tratarse dunha edición diferente e con poucos espectadores, a intención da organización e de todos os que subirán ao escenario do Principal é facer a mellor edición de todas. “Non queremos facer un festival simbólico, queremos facer un macrofestival para que a pouca xente que pode vir disfrute ao máximo”, afirmou Juan Ruibal. “Lume na Lareira estáfacendo o imposible por levar a cabo este festival. Normalmente sempre temos moita xente pero este ano non poderemos por culpa da redución do aforo. Sen embargo, faremos como se esos 30 fosen os 500 que normalmente veñen a velo festival”.

O evento contará co presencia do presentador da TVG Jacobo Pérez, encargado da súa condución. Lume na Lareira realizará un primeiro pase de apertura, aínda que a súa actuación estelar será ao final. Nesta ocasión Ruibal anunciou que aproveitarán este festival para presentar unha peza “moi especial”. Trátase dunha peza sacada dun antigo libro e que leva por título Vals de Berres. Trátase dunha canción que tocaba Airiños do Ulla alá polos anos sesenta, explicou un Ruibal, recordando que o seu pai tocou nesa formación durante varios anos.

Xunto a Lume na Lareira estarán sobre o escenario o Grupo de concertinas Pedrosino, chegado desde Portugal. A parte cómica do festival chegará da man de Julio González Shoumen, de Pontevedra. Para finalizar, o propio Ruibal realizará un dúo de acordeóns xunto a María Rey. O organizador promete sorpresas nun evento feito e preparado co cariño habitual durante moitos meses.

Pola súa parte, Juan Constenla anunciou que as entradas poranse á venta o próximo luns. No haberá outros sitios de venta como en anos anteriores ao contar con tan poucas entradas.O edil destacou as novas normas que entran en vigor nestes días e que obrigarán a reducir todavía máis o aforo permitido para eventos culturais deste tipo durante o próximo mes. Con todo organizado sen embargo decidiron seguir adiante con festival.