A Cruz Vermella Española instalará unha mesa informativa ata o día 25 de novembro en días puntuais con horarios de 10.30 a 13.30 horas ou de 17.00 a 20.00 horas nas diferentes rúas e prazas de Lalín. A xunta de goberno acordou acceder ao solicitado, condicionado ao estrito cumprimento da normativa polo Covid-19.