Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Un complemento orixinal e a “pedir de boca”

Meryem nace nas redes sociais para ofrecer diademas e tocados feitos a man por dúas silledenses

Unha mostra das diademas.

Meryem Complementos xurdiu fai uns meses na cabeza de dúas mozas silledenses, o que non pensaban e que tivera o éxito que tivo. “Somos dúas amigas ás que nos gustan os complementos e queríamos facer algo en relación a isto”, apunta María. A súa colega, Carmen, foi a primeira en crear un dos tocados, “gustou moito e empezamos a facer algúns máis, para a familia e amigos, e vimos que tiñan éxito”. A idea non se podía quedar só aí, entón probaron a crear algún máis e utilizar a “María, unha rapaza que se come a cámara, para facer unhas fotos cos artigos e lanzalas así a través das redes sociais para ver o que pasaba”, comentan. O que menos se esperaban é que en dous días tivesen tanta demanda, “pillounos totalmente de sorpresa e estamos que non sabemos que facer”, explican entusiasmadas.

Os artigos que ofrecen son diademas e tocados, principalmente, “porque é o que nos gusta”. Elas mesmas os confeccionan a man integramente e “un pouco a pedir de boca; xa tivemos xente que nos contactou e nos dixo que quería un parecido ao que tiñamos subido, pero cunhas bolboretas ou doutra cor e nós facémolos sen ningún problema”, apuntan. A idea fundamental é que ningún sexa igual, “todos deben ser orixinais, para que se coinciden nalgún sitio non leven o mesmo”.

As emprendedoras valoran sacar isto como unha empresa, “pero estamos aínda en desconcerto, porque nunca pensamos que unha afección nosa, podía chegar a ter tanto éxito; temos que ver se a demanda se mantén para valorar como seguir”. Polo momento poden verse nas súas páxinas de Facebook e Instagram.

Compartir el artículo

stats