Vagalumes agradece o premio San Martiño pola súa defensa da lingua galega
Redacción
Desde a Asociación Cultural “Vagalumes” quixeron agradecer o recoñecemento do premio San Martiño polo seu labor a prol da normalización lingüística. “Non tanto polo recoñecemento aos membros da nosa entidade como á causa pola que existimos e os obxectivos que nos propoñemos de defensa da nosa lingua, o noso patrimonio e a nosa memoria histórica. Para nós que se valore e se recoñeza este tipo de actividade nestes momentos de persecución do galego é positivo e deixa en evidencia as políticas de exterminio que estamos a sufrir”.
A Asociación Cultural “Vagalumes” naceu no seu momento no seo da plataforma “Queremos Galego!”. “Esta Plataforma xurdiu como resposta ás agresións que desde o goberno galego se desataron contra a nosa lingua das cales un Decreto no que, entre outros agravios, se prohibía o seu uso nas aulas das materias científico-técnicas, para nós era un dos atentados máis graves contra o idioma”, recordan. “É normal que se impida dar aulas nun país no propio idioma? Nós consideramos que non. Como non o é que no Concello da Estrada se esixa presentar a documentación en castelán como aconteceu recentemente.
- Se busca por mar y aire a una mujer que se arrojó al agua en Rande
- Adiós a la antigua GEA de Camposancos
- El furor por el Ozempic para adelgazar vacía las farmacias y los gallegos lo buscan en Portugal
- Los buzos de Gardacostas localizan el cuerpo del pescador de Bueu que se cayó al mar desde su dorna
- Los trabajadores gallegos que rechazan un empleo por su «insuficiente salario» se reducen a la mitad en dos años
- Brutal accidente en Meaño, con cinco heridos
- Un hombre que orinaba en la calle en Pontevedra permite localizar un foco de venta de droga en el centro histórico
- Desgracia en el mar de Bueu: hoy se retoma la búsqueda del pescador que cayó de su dorna cuando regresaba a casa