SUSCRÍBETE

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A súa familia como fonte de inspiración

Puxo cara aos narradores nunha edición especial do libro de Carvalho Calero, “Scórpio”

Rosa Herraiz posa no entorno da igrexa de Ouzande.  | // BERNABÉ  |

Rosa Herraiz posa no entorno da igrexa de Ouzande. | // BERNABÉ |

Rosa Herraiz é quen se esconde trala firma da ilustradora Rosa de Cabanas, unha muller que leva case vinte anos creando una fonda pegada en numerosos traballos artísticos feitos na Estrada neste tempo. Programacións, carteis publicitarios, camisetas, portadas de libros... Nada se lle resiste. Nesta ocasión sen embargo, Rosa da Cabanas saíu da súa zona de confort para poñer cara aos personaxes da xenial obra de Ricardo Carvalho Calero, Scórpio, reeditada polo Día das Letras Galegas. Falamos con ela do difícil reto de dar forma as 34 personaxes narradores desta obra.

–En que consistiu a súa labor nestas reedición?

–Foi un traballo moi chulo. A ilustración editoriall e poñerlle imaxes á literatura gústame moito. Paseino moi ben facéndoo. No caso de Scórpio, unha das súa peculiaridades é que está narrado polas propias personaxes. Tiña que extraer características deses narradores do propio libro. Nalgúns casos era máis senxelo pero doutros había menos datos. Foi un reto poñerlle cara a algún deles. Quitando aos que son personaxes reais, tes que buscar pautas como a cor do cabelo. As mozas están moito máis descritas que os imbres nesta novela. Nalgúns casos o que fixen foi buscar fotografías da época, imaxes que máis ou menos me encaixaban e das que extraía cousas.

–Incluso se inspirou en persoas cercanas a vostede...

–En moitos casos tirei da familia. Marinha por exemplo fíxena a partir dun retrato da miña avoa que hai na casa de toda a vida. Foi moi chulo ver que coincidían na mesma época. Ademais Marinha servía na casa de Eugenia e a miña aboa servía nunha casa de Ouzande. A foto que eu tiña era ademais un pouco despois desa época na que servía. Fíxeno tamén para outras personaxes. Na segunda parte, saían moitos soldados. Para Barreiro, que era un tenente republicano, fun ao meu avó de Cuenca, que tamén foi tenente republicano e que morreu na cárcere en Valencia. Teño unha única foto del e está co traxe militar. Eu non buscaba facer un retrato fiel das miñas fotos, xa que me tiña que encaixar no libro.

–Como se encaixan eses retratos no libro?

–Non sei moi ben como vai ser a edición final. Cada capítulo está narrado por un deles e aparece ao principio o nome do narrador. Supoño que antes de cada capítulo poñerán a imaxe.

–Como lle chegou esta encarga de Scórpio?

–Por medio de Através Editora. É unha editoria reintegracionista e como Calero escribía nesa norma xa lle fixeran outra reedición antes. Eu xa traballei con eles nas dúas portada do “Seique” de Susana Aríns. Agora, cando fixeron isto, preguntáronme se o quería facer. A min este tipo de cousas encántame facelas, así que me tirei de cabeza. Ademais, coincidiu co inicio do confinamento e me tivo moi entretida. Iso retrousou ata agora a presentación do libro. É unha edición moi limitada e un pouco especial.

–En que outras cousas anda metida agora?

–Nalgunha cousas de arquitectura, que é a miña outra ocupación, e con algún traballo para o Concello da Estrada. Agora istou nunha época máis tranquila porque no confinamento e durante o verán estiven moi ocupada con diferentes proxectos, como varios libros que se están presentando nestes días.

–Leva uns anos xa nisto da ilustración e desde fora nótase unha marca clara nas súas obras que as fan moi recoñecibles. Vostede tamén o nota?

–Si, iso é unha cousa que busquei. Calquera persoa que se adique a isto necesita ter un certo estilo. Gústame moito cando a xente me di que recoñece o meu estilo e que lle gusta pero tamén ás veces agradezo facer cousa diferentes. Este é un bo exemplo. Este tipo de ilustración foi un pouco experimental para min. Utilicei técnicas que non utilizo habitualmente como a acuarela. Buscaban algo monocromático e intentei darlle un certo volume. Por iso usei a acuarela. É sen embargo unha técnica bastante traidora porque é moi rápida e podes meter a pata rapidamente e perder o traballo feito. Non é ademais unha técnica que eu controlase moito. Gustoume probar algo diferente. É moi enriquecedor e tamén moi divertido. É bonito ver como podes dar novos pasos e evolucionar, aínda que intente sempre conservar o meu estilo.

Familia com inspiración


A súa familia como fonte de inspiración

Para poñer cara a Marinha, unha rapaza de Padrón que traballa na casa de Cleo e Eugénia, Rosa de Cabanas inspirouse nun retrato de Mamalola, a súa avoa, que cerca dos anos nos que transcorre a novela chegou dende Parada a servir nunha casa de Ouzande. Non é o único caso. O tenente republicano Barreiro inspírase no seu avó de Cuenca, tamén tenente republicano que morreu no cárcere de Valencia.

Para continuar leyendo, suscríbete al acceso de contenidos web

¿Ya eres suscriptor? Inicia sesión aquí

Y para los que quieren más, nuestras otras opciones de suscripción

Compartir el artículo

stats