Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Improvisar no plácido "Luar"

Nuria Penas e Lorena Medelas levan as regueifas do instituto Marco do Camballón ao espazo do popular programa da TVG

Nuria Penas regueifa con Mani Braga e, na foto inferior, Lorena Medelas improvisa canda Antelo.

O instituto Marco do Camballón, de Vila de Cruces, foi dos primeiros de Galicia en impartir como materia optativa a de Regueifa e improvisación oral en verso. Alumnado e docentes deste IES teñen participado nos últimos tres anos en encontros con outros centros educativos que imparten tamén esta disciplina, así como en eventos culturais no País Vasco ou na illa de Madeira.

O crecente interese pola regueifa facía máis que necesario o seu salto á pequena pantalla. O programa máis veterano da televisión autonómica, Luar, conta cunha sección para esta arte. Baixo o título de Vai de regueifa, un xurado valora as habilidades dos concursantes, que compiten por parellas e que teñen que ir improvisando en base ai que lles argumente o seu contricante. Nesta batalla dialéctica hai duas concursantes do instituto cruceño: Nuria Penas e Lorena Medelas.

Nuria Penas enfrontouse a Mani Braga para, segundo avanzaban os versos, defender os valores dunha muller do século XXI fronte á estética, que noutros tempos era o criterio co que se tiña en conta a valía das féminas. Lorena Medelas, pola súa banda, tivo como contrincante a Antelo, outro rapaz novo chegado de Santa Comba. Neste caso, o seu debate xirou en torno á gran destreza que teñen na regueifa as compoñentes do xurado.

Como diciamos, o instituto cruceño ten participado en diversoversos certames. Un deles é o Regueifesta, que xurdiu en 2018 en Santiago e que deu pe, posteriormente, a un perfil nas redes sociales e a unha rede de contacto permanente entre a comunidade educativa. Desde a súa páxina de Facebook, Regueifesta destaca que o programa da TVG permite socializar a regueifa e a enriquecer o repentismo galego con novas voces. De paso, tamén axuda a que a improvisación oral en verso estea non só na pequena pantalla, senón tamén nás rúas e nos centros escolares. "É o froito de moita xente e de varias xeracións", conclúe.

Compartir el artículo

stats