A Banda da Loba vén de proclamarse finalista do concurso "Musicando Carvalho Calero 2020" co que a Associaçom Galega da Língua (AGAL) -en colaboración coa Radio Galega- quere homenaxear ao poeta reintegracionista ao que este ano se lle adican as Letras Galegas coincidindo cos 110 anos do seu nacemento e os 30 do seu pasamento.

A formación na que militan as irmáns estradenses Andrea e Marcela Porto mediuse na primeira volta do certame con 79 grupos aspirantes. Para a ocasión,ompuxo un tema disco inspirado no poema "O sonho da Catarina", que agora busca o voto do público na web -https://carvalho2020.gal/musicando/- para intentar acadar a victoria, entre os dez finalistas do certame. O prazo para apoialas segue aberto ata o día 30.

A idea das integrantes da Banda da Loba -Xiana Lastra (voz), Estela Rodríguez (violín), Inés Mirás (guitarra) e as estradenses Andrea y Marcela Porto (baixo e batería)- foi compoñer un tema alegre que anime a coñecer a obra de Carvalho Calero, a bailala e a gozala, contribuíndo así a difundir a poesía reintegracionista como xa teñen feito coa obra de autores tan recoñecidos como Rosalía de Castro, Xela Arias, Marí Victorira Moreno, Manuel María , Celso Emilio Ferreiro ou as contemporáneas Celia Parra e Rosalía Fernández Rial.