NA LATITUDE DO DEZA

O futuro das escombreiras do TAV

O futuro das escombreiras do TAV

O futuro das escombreiras do TAV

Antonio Presas

Recordemos que aproximadamente o 1% do valor da obra do TAV, segundo se informou nos medios de comunicación durante a fase de construción da liña do ferrocarril, cedéronselle ao concello de Lalín para que destinara eses grandes fondos, basicamente, a obras de restauración ambiental, peron non se fixo nada de iso.

Eses fondos destináronse integramente á adquisición (compra) e restauración do gran Pazo Liñares e, aínda así non foron suficientes, para comprar a gran devesa de Liñares que pertencía a dito Pazo. Non se trata de discutir a grandiosa obra realizada alí no Pazo dos Loriga, senon de reinterpretar os acontecementos, que non son como parecen.

Calquera pode decir que a restauración das escombreiras lle correspondía ao ADIF, incuestinable, pero ese organismo xa hai varios anos que tentou desfacerse das escombreiras e, en cumprimento da "lei de expropiación forzosa", tan ben aplicada durante a agresiva fase de ocupación, quixo venderlla aos expropietarios mediante carta (escrito) personalizada, enviada a cada un deles. Era unha auténtica "operación rescate", pero visto o acontecido e tendo en conta a situacion de desmantelamento do sector productivo básico (agricultura e gandería), ninguén quxo saber nada en readquirir espazos calificables de "terreos virxes".

Agora estamos no que se denomina "fase de abandono" e a fase de abandono debemos entendela como fase de rexeneración das escombreiras, fase de revexetación, formación de solo, reequilibrio na circulacón subterránea das augas (tan perturbada coas obras), ..... para dar paso no futuro á colonización arbórea.

As escombreiras, segundo os manuais de minería, deben someterse a un lento proceso de restauración empezando polas plantas colonizadoras e a posterior vexetación arbórea, para reintegrar eses lugares en espazos do mesmo aspecto ca tiveran antes os territorios nos que se implantaron. Desde logo que hai que ter en conta o que está establecido nos EIA (Estudios de Impacto Ambiental), que se aprobaron a comezos do ano 2000, para acadar a súa integración ambiental.

TEMAS

  • Das
  • obras
  • Restauración
  • TAV
Tracking Pixel Contents