O Museo Etnográfico Casa do Patrón de Codeseda, na parroquia lalinense de Doade, celebrou na tarde de onte a súa sega manual do centeo. Os traballos completáronse co atado e a postura dos mollos en medouchos e balas. Estas labores fixéronse nunha leira colindante coas instalacións do complexo museístico.

Este ano, tanto a sega como a malla tradicional -evento este último que cada verán citaba a moitos visitantes- serán desenvolvidos solo coa presenza dos participantes nos traballos. Os que desexen seguir de preto a malla poderán recurrir a Internet, canle á que recurrirá Casa do Patrón para divulgar o acto etnográfico, porque non haberá posibilidade de presencialo no seu lugar de celebración.