Suscríbete BLACK WEEK

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Achado dunha moa castrexa na Penadagra

O anaco de muiño de man encontrado no lugar puido vir dos castros do Marco ou Cartimil

Achado dunha moa castrexa na Penadagra

Achado dunha moa castrexa na Penadagra

Da parroquia de Siador xa temos publicado non menos dunha ducia de reportaxes referidas ao seu santuario mariano, aos petróglifos da Peneda do Encanto, aos restos da desaparecida igrexa parroquial, ao obradoiro de baldaquinos de Cóscaros, á atinada restauración do pazo de Sestelo e aos lumes que arrasaron a zona vai para tres anos.E agora volvemos a ocuparnos dela por mor do achado de parte dunha moa de muíño circular de man castrexo, que localizamos a pasada fin de semana na coñecida coma Penadagra, unha grande peneda de xisto que forma parte dun outeiro o carón da célebre sobreira de Siador, á beira do agro e lugar aos que da nome. O fragmento da moa que representa case un terzo da mesma, permite estimar as medidas que tería de estar completa: uns 40 cm. de diámetro, por 20 de grosor cun burato central duns 10 cm. de diámetro que atravesa a peza. O material, coma todos os muíños de man que temos ollado, é granito de grao medio.

O anaco do muíño, que atopamos na parte máis alta da peneda citada, puido vir do castro do Marco, que se encontra a 470 metros ao SE do lugar. Neste castro medio derruído, que foi estudado polo arqueólogo de Silleda Luís Xulio Carballo, non se localizaron restos arqueolóxicos. Pola contra, no outro castro desta parroquia de Siador, o de Cartimil, que se encontra a 880 metros da Penadagra, o referido Carballo deu conta, no seu libro Povoamento castrexo e romano da Terra de Trasdeza, da existencia de dous anacos de muíños circulares que garda o veciño de Escuadro Xosé Luís González Espiño. Destes muíños consérvase pouco máis da metade de cada un, e non desbotamos, polas medidas que dan, que o fragmento que nós atopamos pertencera a un deles. Outra metade dun muíño de medidas semellantes e do que se descoñece a procedencia gárdase, segundo Carballo, na casa de Benito Rivas, nesta parroquia de Siador.

Hai tempo que tiñamos pensado botar un ollo a esta grande peneda de xisto da que abondan referencias na tradición oral e que domina unha ampla panorámica, non só da parroquia, senón das ribeiras do Deza deica a Serra do Carrio, por mor de ver se tiña algún petróglifo ou gravado, pero o tipo de rocha e o abundante lique e mato que a cobren non permiten, polo de agora, un exame pormenorizado. O que si atopamos, tamén a primeira vista, foi un marco de pedra con forma de prisma, que pode ter certo interese e tamén reparamos nun bo exemplar de carballo existente nas inmediacións da sobreira cualificada hai anos coma arbore senlleira de Galicia.

Tres castros aliñados

Os dous castros de Siador aos que anteriormente fixemos referencia presentan unha curiosa aliñación en liña recta cun terceiro pertencente á parroquia de Cortegada, coñecido polo castro do Cura, que se atopa nas proximidades da igrexa e casa reitoral desta parroquia de Silleda. Nunha distancia de pouco máis de oitocentos metros que vai de NO a SE están os tres castros aliñados, sen que saibamos cal pode ser a razón, sendo unha curiosa disposición que coidamos única en Galicia, que é coma dicir no mundo. O máis completo e mellor conservado dos tres é o de Cortegada, no que se atoparon a metade dunha moa e dous pés de muíños circulares de distintas medidas, así coma muros de diversas construcións, que, segundo refire Carballo na obra citada, garda o veciño de Silleda Fernando Mosquera. Na parroquia téñense localizado dous campos de mámoas no monte da Cornoa, no lindeiro coa de Cortegada. e tamén numerosos petróglifos en varias estacións rupestres.

Dos tres castros hai numerosas referencias, xa que Álvarez Limeses da conta deles na súa Xeografía, tamén García Alén e Filgueira Valverde na Carta Arqueolóxica e Luís Xulio Carballo estudounos con certo detalle na obra anteriormente referida e noutras publicacións. Tamén máis recentemente, Antonio Presas e García Porral en O mundo dos castros e De mouros, mouras e tesouros, deste último, entre outros investigadores. Nós mesmo temos feito varios traballos acerca destes tres castros que visitamos en numerosas ocasións, a última hai pouco na compaña do profesor Manuel Mosquera, propietario das terras que ocupa o castro de Cartimil, bo coñecedor deste enclave prehistórico e das lendas de mouros, con trabes de ouro e alcatrán que gardan o seu tesouro encantado da galiña e os pitos que se volverán de ouro cando alguén consiga pillalos.

Para continuar leyendo, suscríbete al acceso de contenidos web

¿Ya eres suscriptor? Inicia sesión aquí

Y para los que quieren más, nuestras otras opciones de suscripción

Compartir el artículo

stats