Suscríbete

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Tecer ao carón de Rosalía

O Colectivo Feminista Deza Tabeirós levará un tapiz sobre o universo rosaliano aos diferentes centros educativos da Estrada

As autoras do tapiz, sentadas, xunto con representantes dos distintos centros. // Bernabé/Cris M.V.

As autoras do tapiz, sentadas, xunto con representantes dos distintos centros. // Bernabé/Cris M.V.

Foi pano de fondo para os actos de homenaxe que o Colectivo Feminista Deza Tabeirós quixo brindar a Rosalía de Castro o pasado 24 de febreiro. Foi, tamén, o resultado de moitas horas de traballo, de esmerada adicación para combinar varias técnicas de costura. Calceta, bordado, gancho ou patchword foron, fío a fío, debuxando unha homenaxe á escritora. O resultado conseguiu resumir nun tapiz unha parte importante do universo rosaliano, que daría aínda para moitas máis horas de labor.

A artesá María Gaiteiro encargouse do deseño deste tapiz e coordinou todo o traballo no que se incluíron integrantes deste colectivo. A pintora local Gaxdaly Ameijeiras debuxou ao carbón a Rosalía. O resultado, que mesmo inclúe versos do poema Tecín soia a miña tea, chamou a atención, tanto que se propuxo a súa exposición no IES Nº1, onde onte presidía xa a entrada ao centro.

As autoras do tapiz decidiron contactar coas equipas de dinamización lingüística do Concello da Estrada para ofrecer que este traballo percorra tódolos centros da vila, una proposta que foi axiña moi ben acollida. Deste xeito, este universo tecido con moito agarimo chegará aos alumnos como reforzo ás actividades que realicen nas aulas en torno a unha figura tan universal e importante para as letras.

Dende a agrupación que fixo posible este tapiz explicaron que a súa intención foi representar neste traballo o universo de Rosalía, dende as paisaxes, as viúvas de vivos e mortos, a xustiza pola man, o feminismo ou a xanela que pediu abrir para ver o mar na hora da súa morte. "Chegamos ata o firmamento para colocar a estrela co seu nome e aínda así sabemos que ficaron moitas cousas por tecer, pois Rosalía non cabe nun tapiz".

Tecín soia a miña tea... comenzaba Rosalía nun poema que musicou Guadi Galego e que este ano serviu para lembrar á autora no municipio estradense o 24 de febreiro.As mulleres do Colectivo Feminista Deza Tabeirós non teceron soas. Punto a punto, compartiron moitas horas de labor ao carón de Rosalía.

Para continuar leyendo, suscríbete al acceso de contenidos web

¿Ya eres suscriptor? Inicia sesión aquí

Y para los que quieren más, nuestras otras opciones de suscripción

Compartir el artículo

stats