Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Suso Vaamonde: "A 'Danza do Sable' pódese tocar cun pequeniño asubío"

"En Silleda ofreceremos melodías coñecidas da historia da música clásica universal"

Suso Vaamonde, cunha zanfona.

A Banda de Música Municipal de Silleda organiza este sábado o concerto-cea de Entroido cun programa que comeza ás 20.00 horas na praza Juan Salgueiro coa actuación conxunta da formación trasdezá e o músico Suso Vaamonde. Canso de que o confundan co falecido cantautor homónimo, do que non é familia, o intérprete nado en Mesía fala do concerto que leva por título Clásicos á galega.

-Cal é a súa relación coa Banda Municipal de Silleda?

-O ano pasado fixen un espectáculo con eles en Lorient no festival intercéltico, porque xa coñecía a Rafa [Agulló] de traballar con el, de facer algún concerto tamén coa Banda de Pontevedra. Fixen dous concertos coa banda completa e outros tres cun grupo reducido.

-Parece ser que lle gustan os instrumentos singulares. Que é o que lle atrae deles?

-Eu dedícome principalmente ao labor docente deste tipo de instrumentos populares galegos. Aproveito nos concertos para introducir este apartado didáctico. O que pretendo é utilizar cinco, seis, sete instrumentos, os que poida, nos concertos para ensinarlle á xente a variedade de posibilidades que temos aquí dende hai moito tempo. Tamén para mostrarlles que eses instrumentos están actualizados, tanto na súa construción como na súa metodoloxía, materiais ou técnicas de innovación. Por exemplo, imos facer agora unha primeira mostra de innovación tecnolóxica nos instrumentos populares. Trátase de ensinarlle ao público en xeral que moita xente non sabe que o fol dunha gaita se fai de goretex, porque estamos un pouco desactualizados destos instrumentos. Tampouco saben que cun asubío, que é un instrumento pequeniño de barro, se pode tocar a Danza do Sable de Khachaturian, que ten unha complexidade técnica grande, pero que feita cun instrumento que ten miles de anos de historia, pois resulta cando menos curioso e parece que pon un pouco máis en valor estes instrumentos, non? Teñen tanto valor coma outros e simplemente o que hai que facer é acertar co uso ideal.

-Son fáciles de atopar?

-Curiosamente, cada vez é máis fácil porque cada vez temos máis artesáns novos, que son os que están investigando con novas posibilidades. Digamos que non é nada difícil encontrar estes asubíos dos que che falo, pandeiretas que se poden afinar e controlar a súa tensión, pandeiros que se podan afinar con cámaras de aire, punteiros que se desmontan en cinco pezas e podes tocar unha gaita afinada independentemente da temperatura ou a humidade que haxa no ambiente. Iso é fácil, non é que me fagan eses instrumentos a min con eses avances, están ao alcance de calquera que queira mercalos.

-Cal vai ser o repertorio do concerto do sábado en Silleda?

-O sábado imos facer a segunda parte dunha idea que xurdiu con Juan Lois Diéguez, que é músico da Banda Municipal de Santiago, fai arranxos e dirixe tamén a Banda de Salceda. A idea primeira foi facer un espectáculo que se chamaba De tradición con Suso Vaamonde, que foi introducir melodías tradicionais galegas con instrumentos populares galegos acompañados de banda. O que imos facer o sábado é, tomando como punto de partida o mesmo formato de coller outros instrumentos populares que nos quedaban fóra no primer espectáculo, introducilos neste segundo pero con outra temática: melodías arquicoñecidas da historia da música clásica universal. Polo medio tamén está bastante presente o tema humorístico porque introducimos melodías galegas que empastan con esas melodías clásicas de toda a vida.

Compartir el artículo

stats