Xurxo Souto: "Para min é unha necesidade contar historias do mar porque é descoñecido"
"A miña última novela é feminista no sentido de que as mulleres son protagonistas"

Souto presentou onte no museo de Lalín "A gran travesía de Chiruca Macallás". // Bernabé/Javier Lalín
Lalín
O polifacético artista coruñés Xurxo Souto presentou onte en Lalín a súa última novela que leva por título "A gran travesía de Chiruca Macallás", a iniciativa do coletivo A Grela Cultural do Deza. Souto estivo acompañado polo Coro Boghino de Caión, que ofreceu unha actuación ao público presente na sala.
-Temos novo "fillo literario" no universo de Xurxo Souto?
-Pois si. É unha novela moi especial porque é unha novela do mar e na que as protagonistas son as mulleres. O mundo do mar practicamente non existe e veuse pouco, e as mulleres están desaparecidas. Chiruca é unha patroa heavy que vai pescar ao Gran Sol e o especial da novela é que cando a estaba escribindo foron aparecendo cancións que non coñecía das traballadoras do mar e das conservas. Por iso nas presentacións do meu libro reparto os papeliños coas cancións e a xente remata sempre cantando esas cancións esquecidas. O que me gusta disto é que vas á presentación dun libro e acabas sendo o protagonista cantando cancións dun universo que ata o momento non coñecías.
-Como xorde una historia tan diferente como é a de Chiruca?
-De toda a vida. Eu son da Coruña e como sabes é unha cidade barco porque está rodeada do mar e, nembargantes, nunca me falaron do mar no ensino nin tampouco nos medios de comunicación. Entón, levo toda a miña vida preguntándolle á xente do meu entorno e así coñecín aos percebeiros da Torre, que me explicaron os nomes das pedras que rodean a Torre de Hércules. A verdade é que é algo moi bonito, porque hai unha pedra que se chama "o carpancho", por exemplo. Para min é como unha necesidade contar historias do mar porque está aí e ninguén mo revelaba, a verdade, e onde as mulleres son as grandes protagonistas.
-Estamos diante da súa novela máis arriscada ou valente?
-Eu teño o meu estilo. Esta novela en rigor é a segunda parte doutra que escribín hai vinte anos e que se chama "O retorno dos homes mariños", que sucede na Coruña no século XVII, cando un coengo da Catedral de Santiago visitou A Coruña, onde todo o mundo lle falaba dos homes mariños como seres humanos que andaban na auga. É ese símbolo, a necesidade de reivindicar o mar, porque non vivimos, como lle dixeron ao sueco Stephan Mörling, na fin da terra, vivimos no centro do mar.
-Podería ser que a novela de Chiruca é un libro feminista?
-Si, no sentido de que é un libro onde as protagonistas son todas mulleres. O que ocorre é que, claro, isto é unha constante na miña obra vencellada ás historias do mar. A protagonista deste novo libro, Mercedes, Chiruca, xa era protagonista doutro libro do que che falaba hai vinte anos.
-Que lle gustaría poder facer que aínda non fixo?
-Son unha persoa feliz nese sentido. Claro, xa sabes o que din os filósofos metafísicos: "non sabemos de çonde vimos nin cara a çonde imos'', pero sabemos que estamos nun mundo absolutamente marabilloso, cargado de estímulos e ter a posibilidade de andar polo mundo apeando historias e compartindo historias é moi fermoso. Todas as actividades nas que participo son exactamente a mesma; quero dicir, a música, a literatura, a comunicación? É sempre o mesmo pero tamén é algo maravilloso.
Suscríbete para seguir leyendo
- Antonio David Flores regresa a la televisión tras su derrota judicial contra María Patiño: «Nunca olvidaré todo lo que has hecho»
- Dos gasolineras de Vigo tiran los precios y permiten un ahorro de más de 20 euros por depósito
- El alcance total del patrocinio del Celta a 'La Revuelta' equivale a casi 17 millones de euros
- Rescatan a un hombre que se subió a lo más alto de una grúa para lanzarse al vacío en Rosalía de Castro
- En libertad el cabecilla de la red que traficaba con Rivotril y en la que están implicados médicos de Cangas y Vigo
- Buscan a un marinero que pescaba frente a la costa de Bueu
- Sanidade permite seguir ejerciendo a los cinco médicos investigados por la red de tráfico de Rivotril en Cangas y Vigo
- Una valla publicitaria de ocho metros en Gran Vía para declararse: «¿Rubén, quieres casarte conmigo?»