Suscríbete

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Fernando Epelde: "Estes galardóns son moi produtivos e unha motivación para seguir creando"

Fernando Epelde é o gañador do Premio de Teatro Manuel Varela Buxán de este ano

Fernando Epelde caracterizado nunha das súas obras. // Pablo Zapata

Fernando Epelde caracterizado nunha das súas obras. // Pablo Zapata

O xurado do Premio de Teatro Manuel Varela Buxán deu a coñecer o fallo do gañador que nesta ocasón foi para o dramaturgo e músico Fernando Epelde García. Este ourensán escribiu a súa peza Engadir auga e esperar... que o xurado resaltou pola forte documentación para a súa elaboración e pola mestura de humor e reflexión sobre temas de actualidade.

-Como recibiu a noticia do galardón?

-Recibino con moita ledicia, porque estes recoñecementos son moi produtivos e moi útiles como apoio e motivación, a parte da dotación económica. Son un gran impulso para a estrutura teatral que é tan complicado levar a cabo. Son moi motivadores.

-O xurado resaltou a documentación para realizar a obra, en que se inspirou?

-A obra ten unha protagonista feminina que se desdobra en tres etapas da súa vida, entón sería unha peza pensada para tres actrices interpretando tres personaxes. A obra non ten unha liña temporal, son escenas cortiñas que suceden no pasado, futuro, incluso do noso tempo real. Esta persoa ten que facer moitos esforzos na súa memoria e incluso ten que empregar certas tecnoloxías cando chega ao futuro para tratar de resolver este problema que foi un abuso cando ela era pequena. Eu inspireime moito nun caso que sucedeu en Alemaña no que algúns presos de Auschwitz lograron condenar a persoal de seguridade do Campo de Concentración por medio de tecnoloxía do presente. Conseguiron facer unha recreación en tres dimensións do campo, con iso lograron condenar algúns gardas de seguridade que dicían que non tiñan acceso visual ao que sucedía no interior, grazas a recrear isto, conseguiuse saber que se vía desde cada unha das esquinas e ata poder saber o que se escoitaba desde algúns lugares do campo. Na miña peza, hai algo de todo isto. É unha persoa que ten que asumir unha cousa moi grave que lle sucedeu, e grazas a estas tecnoloxías logra condenar aos seus violadores.

-Por que ese título que simila a unha receita?

-Ao largo da peza hai algunhas metáforas, como sucede nun espazo de tempo moi concreto. Un destes elementos son uns sobres cun pequenos vermes, os monos mariñeiros. Son uns pequenos vermes que se quedan en estado de hibernación nuns pobos que se vendían para os nenos nuns sobres. Esta muller ten este sobre preto de si, moitas veces e ao longo das décadas, pero nunca logra botalos en auga e resucitalos. Eles están vivos porque sobreviven en este estado ata que alguén os poña en auga e inicien o seu ciclo vital. Tamén fai referencia a un late motiv que a personaxe ten ao longo das décadas.

-Levara a peza ao escenario?

Encantaríame poder levala ao escenario como tódalas pezas que un remata e coas que está satisfeito, pero a día de hoxe un está un pouco a expensas no teatro. É un dos temas deste tipo de recoñecemento. É evidente que cada Concello e cada institución fai o que pode por alentar aos dramaturgos a mover os seus textos, pero a día de hoxe o tema do teatro é caro e complicado. Faremos o posible, pero un nunca pode saber onde acaban as obras que escribimos.

-Conseguiu levar algunha das obras ao teatro?

-Si, eu traballo habitualmente coa compañía Voadora, e con ela tivemos a oportunidade de levar algunha peza miña que xa estaba rematada e logo facer outras dun proceso creativo. Algunhas xorden dos propios ensaios. Pero si, puiden levar algunhas das miñas obras coa compañía.

-É algo satisfactorio...

-Si, o teatro ten esa característica, que nós escribimos para a escena. Ten unha pequena categoría de partitura que precisa deste momento final.

-En 1998 empezou coa música, pero agora está centrado só no teatro?

-Non é que cambiase para o teatro porque eu sigo cos meus proxectos de música. Entón máis que un cambio foi unha mestura, a día de hoxe quizais o que máis tempo me ocupa é facer música para a escena, tanto coa compañía como en Madrid, traballando no Centro Dramático. Non foi tanto un cambio como unha simbiose. Combino literalmente porque moita da miña música acaba sendo unha parte principal no espazo teatral.

Compartir el artículo

stats