Aproveitamos para lembrar que un dos principais xacementos de cobre en Galicia se localiza nos montes do concello de Touro, non moi lonxe das nosas terras, postas en explotación a ceo aberto, pola compañía Río Tinto, no pasado século, e que agora pretende reabrir a empresa canadiense Lundin Mining, malia os informes negativos de técnicos e expertos polo seu impacto medio ambiental e a contaminación de acuíferos e a súa proximidade ao río Ulla, onde verterían todas estas augas sulfurosas, provocando un dano irreversible.