A mostra Iconografía sacra e profana de Silleda, realizada por alumnado do CPR María Inmaculada e unha das propostas gañadoras do XI Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, chega esta semana á Casa da Cultura. O xoves 12, ás 12:00 horas, terá lugar a inauguración da mostra, coordinada polo profesor Francisco Javier Novo Sánchez. Paneis con imaxes do interior das igrexas e explicacións que dan sentido á iconografía e que se comparan con obras da Historia da Arte Universal conforman esta exposición que, logo de pasar polo Museo do Pobo Galego, poderá visitarse en Silleda ata o 2 de xaneiro. Dende o Concello anímase ao público a achegarse a esta mostra que recolle algúns dos referentes artísticos que atesouran varias igrexas do municipio.