A música estivo moi presente da man da Banda de Alumnos e Alumnas do IES Laxeiro, que o 22 deste mes comezará os trámites para formalizarse como tal. Así o anuncio onte o director do centro. A formación abriu a homenaxe cun pasoboble composto polo cuñado do homenaxeado, asi como con dous temas da serie Xogo de tronos e de Star Wars. Houbo, tamén, un par de intervencións dos estudantes de primeiro de Bacharelato e dun grupo de piano e corda. Tamara Pazos Astrar, exalumna do centro, volveu impresionar coa súa voz a todos os alí congregados.

E, como as persoas que se foron quedan presentes nas pequenas cousas, o instituto Laxeiro tamén recuperou un cartel que indicaba "Xefatura de estudos", o cargo que Luis Gustavo ocupou durante tantos anos. Ese cartel levaba dende hai meses nas mans do inspector do centro, Pedro Areal. Onte, durante a súa intervención, apuntou que llo pedira ao director nunha das últimas remodelacións dos inmoble, xa que é un coleccionista de carteis. Pero dende o pasamento do profesor, hai case tres meses, tiña o fondo sentimento de que ese cartel tiña que volver á súa casa.