As celebracións de outono collen folgos nesta fin de semana de ponte festiva. É o caso da parroquia lalinense de Cercio, que abre hoxe o seu 40º Ciclo Cultural coa XVII Festa do Torresmo. A partir das 21:30 horas haberá degustación gratuita de torresmos, castañas, orella, pan y café; solo se paga la bebida. La charanga Os Ardores amenizará la velada. A seguinte cita cultural en Cercio chegará o domingo 17, dedicada aos nenos. Pola súa banda, os veciños de Palio teñen mañá, sábado 2, ás 21:30 horas, un magosto no local social. Amais de castañas, haberá cocido, café e postres variados, todo por 10 euros para socios e 15 para os que non o son. Sorteo de regalos e baile co dúo Crazy completan o programa.

Cuarta xuntanza futboleira en Donramiro o sábado 9

A parroquia lalinense de Donramiro celebra o sábado 9 de novembro a cuarta xuntanza dos seus históricos equipos de fútbol. Serán benvidos non só xogadores, directivo e entrenadores do Athletic Donramiro e do Club Deportivo Donramiro, senón tamén árbitros, socios, familiares e todo aquel que queira asistir. Será unha cea (21:30 horas) no restaurante Os Cortizos; pulpo, richada, pan, viño, postres e café conformarán un menú que custará 21 euros por cabeza. Os interesados poderán retirar as invitacións no propio restaurante ata o día 6. Promove a Asociación de Veciños San Amaro.