Os pendellos de Río, en Camba
"Non é tarde para estes tres ou catro pendellos, pero hai vontade de salvalos ou xa a súa ruina é definitiva?"

Detalle dunha das construccións. // Á.U.
ángel utrera
No ano 2004 grazas a decidida acción e a súa abrasadora personalidade e prestixio entre artistas, poetas, escritores e xente da cultura do noso país, Xosé Vázquez Pintor, despois de varias reunións ponse en marcha a Asociación Amigos dos Pendellos de Agolada á que ían prestar o seu decidido apoio dende o instante inicial persoas de un peso especifico innegable capaz de facer remover conciencias e mudar os criterios de moitos dos que berraban e defendía a necesidade de acabar cos pendellos, tirar cos casetos de merda e construír neles, edificios e pisos que é o que a xente precisa, así como o silencio das autoridades tanto do Concello, como na Deputación e Xunta de Galicia, que non atopaban motivos para iniciar unha acción de recuperación e protección sobre o noso recinto feiral, mais ala dun campo de traballo internacional.
Foi a voz e a palabra de Vázquez Pintor, o alento cálido de Avelino Pousa Antelo, Manuel Caamaño, Xosé Lois, entre outros moitos socios de honra como Bernardino Graña, Fina Casalderrey, Marica Campo, Ramón Caride, Paco Lareo, Xosé Neiras Vila, Darío Xohán Cabana, David Otero, Saúl Otero, Xulio Valcárcel, Camilo Caamaño, Florentino Cacheda, Armindo Salgueiro, Damian Paio, e así ata completar unha lista conformada por máis de cincuenta nomes, de artistas, empresarios e colectivos sociais que daban o seu apoio a recuperación integral do recinto feiral, tan maltratado polo pasado, como urxente nos traballos de recuperación e rehabilitación, os que puxeron e valor os Pendellos de todos.

Os pendellos de Río, en Camba
Afortunadamente o traballo decidido daquela desaparecida tristemente asociación, consigueu o seu propósito, velaí están para orgullo de todos hoxe en dia o noso recinto, o mellor e máis grande recinto de feira de todo o país, onde cada ano se celebran encontros de todo tipo, actos culturais, musicais e festivos, feiras monográficas de artesanía e produtos agrarios e que recibe ao cabo do ano a visita de miles de persoas chegadas de todos los puntos da nosa xeografía, buscando o feito diferencial da nosa historia, a nosa cultura, o noso pasado etnográfico e a explicación do que somos como xente e pobo conservado na pedra, a madeira e a palabra das feiras e feirantes que aínda soan no silencio das noites escuras dende a praza da Randulfa, a capela das Virtudes, no corazón mesmo dos nosos Pendellos.
Esta manifestación vital do que foi unha maneira de ser e vivir, tan diferente a actual aquí están en pé, para todos os que queiran acercarse a escoitar o moito que nos contan, pero outros desapareceron para sempre e aínda uns poucos resisten contra a desidia, a ignorancia, o lixo e o vandalismo, agardando que un día alguén mire para eles e decida que xa é tempo de que deixen de ser ignorados e queden para falarmos da súa historia de feira e feiras.

Os pendellos de Río, en Camba
Aínda non é tarde para estes tres ou catro Pendellos de Río de Camba, en Rodeiro, pero hai vontade de salvalos, ou xa a súa ruína e definitiva. Pensémolo na noite do vindeiro sábado, cando ceemos todos en amizade á luz das candeas e candís, nos Pendellos de Agolada.
- El día en que A Cañiza pasará a llamarse a A Caniza y Cangas incorpora «apellido»: entra en vigor el nuevo Nomenclátor de Galicia
- El naval vigués crece en el Mediterráneo con el elevador de barcos para yates «más grande del mundo»
- Un servicio de bus gratuito llega mañana con 20 líneas diarias y más de 30 paradas
- El otro tesoro bajo Rande: los marineros de la vieira de Cangas rescatan platos antiguos en sus rastros
- Cárcel por insultar a su ex: «Hai que ter peito para acostarse contigo»
- El Celta dispondrá tras la reforma del estadio de unos 15.000 metros cuadrados para explotar otros usos y multiplicar sus ingresos
- Herida grave una niña de 10 años tras precipitarse desde el balcón de su casa en Vigo
- Iturmendi, una ferretería con más de 80 años que vendió las primeras lavadoras de Vigo