O encontro de artesanía disporá de servicio gratuíto de autobuses desde as localidades veciñas de Silleda, Lalín, Arzúa a Melide durante as tres xornadas. As saídas desde Silleda (Rúa Trasdeza, 88) e Arzúa (R/Santiago,9) serán ás 16:00 e ás 18:00 horas os tres días e tamén ás 11:00 e ás 13:00 sábado e domingo, con paradas vinte minutos despois en Lalín (Praza da Mariña) e Melide (cruce da Estrada de Agolada), respectivamente, mentres que os regresos desde Agolada (Avenida do Concello, 69) serán ás 20:30 e 23:30 vernes e sábado, tamén ás 15:00 sábado e domingo e ás 21:00 só na última xornada. Tamén haberá unha área habilitada gratuítamente como cámping.