A Xunta impulsará con "O teu Xacobeo" 104 proxectos na provincia de Pontevedra que mobilizarán uns 2,7 millóns de euros. O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, presentou onte a resolución desta convocatoria e subliñou que representa o carácter "participativo, descentralizado e sustentable" do Ano Santo. Na provincia impulsaranse 19 iniciativas propostas por entes locais, 35 elaboradas por pemes e particulares e 50 formuladas por entidades sen ánimo de lucro. En Galicia serán 352 iniciativas de dinamización, que supoñen a mobilización de cerca de 9 millóns de euros, e un investimento en subvencións por parte da Xunta de Galicia de 4,7 millóns. As iniciativas abranguen un total de cino áreas: o ámbito artístico, patrimonio-historia-pensamento-espiritualidade, gastronomía, ámbito deportivo e ámbito social. Rodríguez celebrou que a posta en marcha dos diferentes proxectos permitirá ampliar a repercusión da celebración, anticipando e levando a súa influencia máis alá do 2021, ao tempo que se avanza na súa "descentralización".