A edición número 14 da Forxa Literaria promovida pola Fundación Paco Lareo homenaxeará este verán ao escritor melidense Xosé Vázquez Pintor. O evento cultura, que onte foi presentado no Museo Municipal Ramón Aller de Lalín, celebraráse o vindeiro sábado 6 de xulio a partires das 18.00 horas na sé da fundación en Piloño. No acto estiveron presentes a presidenta da Fundación A Solaina de Piloño, Carmen Lareo, o vicepresidente Armindo Salgueiro, a concelleira de Lalín Marisa Álvarez, o secretario da fundación, Andrés Lareu, o representante do Concello de Vila de Cruces,Julio López, e o técnico de Cultura de Lalín e vogal da fundación cruceña, Damián Paío.

O programa da Forxa Literaria deste ano abriráse coa benvida da presidenta Carmen Lareo aos participanes e autoridades. Logo despois chegará unha mesa rendonda sobre a figura de Vázquez Pintor na que estará presente o propio homenaxeado xunto a Manolo Forcadela e Daniel González Alén. Ao remate da mesa cantarán no lugar Baldomero, "Mero", Iglesias e Xosé Iglesias, "Buxán". Seguidamente procederase á descuberta do relevo de Vázquez Pintor realizado por José Luis Ferreiro Diéguez, "O Vila". Os gaiteiros Plácido Rozas e Tamara Soto tamén participarán na edición 2019 da Forxa Literaria de Piloño tocando a Muiñeira de A Solaina composta polo propio Rozas. O programa tamén contará coa presentación dun novo libro do cruceño Xosé Carlos Carracedo que leva por título Somos de Arxerís xunto á xornalista do FARO DE VIGO na delegación de Deza Salomé Soutelo. Na recta final da celebración haberá ademáis un recital poético con María Lado, Carlos Negro e Lucía Aldao, que despois darán paso ao polifacético artista dezao Celso Fernández Sanmartín, que ofrecerá unha actuación a base de contos. O derradeiro acto da xornada será a entrega da medalla "Amigo/a da Solaina" a Xosé Vázquez Pintor xunto á actuación da Coral Polifónica de Agolada e o recital da poetisa María Lado co que pecharáse a edición 14 da Forxa Literaria.

Na presentación Carmen Lareo lembrou a figura do seu irmao dicindo que "o recordo de Paco permanecerá sempre". A concelleira de Lalín, Marisa Álvarez, quiso agradecer a Fundación A Solaina "que sigan loitando pola cultural no rural". E Julio López destacou que "para Vila de Cruces é unha honra ter A Solaina" e anunciou que o novo goberno local "seguirá apoiando á cultura" aínda que recoñeceu que non están repartidas as competencias municipais. Tanto Paío como Armindo Salgueiro coincidiron en salientar que a homenaxe deste ano ten a peculiaridade de ser a un persoeiro vivo. Salgueiro sinalou que "é importante facer homenaxes a xente viva" e Paío lembrou que "desta volta o persoeiro está vivo, non como antes". O técnico municipal de Cultura de Lalín e vogal da fundación tamén enfatizou o feito de que Vázquez Pintor "colaborou sempre en todo coa Solaina" coma un dos méritos máis importantes para ser homenaxeado.