Silleda abre o 1 de xullo a matrícula nos cursiños de natación que impartirán os socorristas das piscinas de Silleda e da Bandeira, que tamén quedarán abertas ao público ese mesmo día. O horario será o mesmo que o ano pasado: de 14.15 a 21.00 horas de luns a venres, mentres que o sábado e o domingo seá de 15.00 a 21.00. Os cursiños serán de 12.00 a 14.15 horas e está abertos a nenos de tres anos en diante. A entrada custa un euro e os bonos, que xa se poderán mercar desde o luns no consistorio, marcan 20 euros para os adultos residentes no municipio, e 16 para os nenos de ata 16 anos. Os non residentes terán que abonar 35 ou 25 euros, respectivamente. Hai bonos familiares, con descontos para os fillos.