Suscríbete

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Os concellos autorizan 86 cacharelas

Na noite de mañá para o luns encenderanse no Deza 86 fogueiras por San Xoán. Son bastantes menos que as 171 do ano pasado, debido sobre todo a que a xornada coincide no arranque da semana e a que non está de todo asegurado que a noite sexa a típica de verán, con calor e ceos despexados.

Na capital comarcal, Lalín, o departamento de Medio Ambiente recibiu 47 comunicacións, das que 11 son pra encender luminarias en rúas do casco urbano e 36 nas parroquias do rural. Como curiosidade, a parroquia con máis cacharelas na noite máis curta do ano será Donramiro, con 7 solicitudes.

Desde Silleda autorizáronse 14 cacharelas, que só poderán encenderse na noite do domingo ao luns, pois temos que lembrar que esta festa celébrase ao longo de toda a fin de semana na comarca. En Vila de Cruces están autorizadas media ducia de fogueiras, repartidas entre o casco urbano, o festexo de onte en Fontao e algunhas vivendas particulares. Agolada contará con 17 lumaradas, das que dúas arderán no casco urbano. Rodeiro autorizou dúas (unha en Romaces e outra na Portela), e Dozón non terá ningunha.

Compartir el artículo

stats