Suscríbete

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

"Nós imos estar aí para axudarlle ao novo executivo no que estime"

-¿Que pensa que fallou para perder a maioría absoluta?

-Penso que foi un cúmulo de todo, e de crer nos "paxariños preñados" que prometeron outras formacións. Funcionoulles este discurso no casco urbano, pero eu teño un equipo traballador, un equipo de 10. Agora temos que seguir traballando, aínda que non teñamos a responsabilidade do goberno. Dentro dun mes teremos lista a nova sede, xunto á igrexa, e será a casa de toda a veciñanza. Non me importa quén goberne, porque eu estou aquí para traballar e continuarei coa miña acta de edil. Tiña moitas posibilidades de irme a outro lugar, pero é que incluso xente que non nos apoio dinos que teño que seguir aquí.

-¿Afectoulles a polémica de Industrias Guerra?

-Iso usouse a nivel electoral, enganouse á xente porque enreakidade esa empresa tiña unha serie de problemas urbanísticos na súa propia parcela, e podía ter feito o que fixo Hitraf, que reorganizou os seus predios.

-¿Como ve ao novo goberno?

-Non vou criticar a ninguén porque só vou preocuparme polo meu labor. Voume centrar no meu equipo, teño que facer unha renovación pero teño a plena dispoñibilidade para acometela, sen complexos nin traumas. De aquí en diante, debo valorar o meu traballo, e os veciños deben valorar tamén o do meu equipo e o dos outros partidos. Nós imos estar aí, axudándolle ao novo goberno no que eles estimen oportuno. Pero tamén, como xefe da oposición, se finalmente só queda o PP nela, seguirei indo á Xunta para conseguir cousas e visitando aos traballadores, posto que algún onte incluso botou a chorar cando me viu, porque saben da miña afinidade co traballo.

Compartir el artículo

stats