A Banda de Vilatuxe asiste ao Certame Galego de novembro

Redacción | Lalín

A Banda de Música de Vilatuxe competirá na sección primeira do Certame Galego de Bandas de Música, previsto para o 2 e o 3 de novembro no Auditorio de Galicia. A formación lalinense medirá as súas forzas ca Unión Musical de Meaño, a Escola de Música de Rianxo, a Banda de Música Sons e Soños e a Orquestra de Sopros da Academia de Artes de Chaves. Tocará peza obrigatoria Rapa das bestas, de Simón Couceiro, así como Aniversarios, do mesmo autor, y Wait of the World, de Stephen Melilla. Conforman o xurado desta edición Frank de Vuyst, Laurence Roman e Luis Serrano Alarcón.

TEMAS

  • Auditorio de Galicia
  • Galicia
  • Rapa das Bestas
Tracking Pixel Contents