Por que está vostede en política?
Gústame traballar coa xente e para a xente, síntome comprometido coa miña terra e creo que, na situación de afundimento que se atopa o noso concello, podo aportar ese aire de cambio, implicación e traballo que demanda.
Por que deberían votalo os seus veciños?
Teño o mellor equipo de traballo, con ilusión e un proxecto real. Os concellos onde goberna o BNG son modelos exemplares de xestión e benestar, non hai máis que ver Allariz; quero que Vila de Cruces sexa un novo referente.
Onde se vai vostede despois do 26-M?
Onde a veciñanza decida, mais sempre co obxectivo de axudar a resurxir a nosa vila e as nosas parroquias.
Por onde pasa o futuro do seu concello?
Por facer unha política de asentamento poboacional, dotando de servizos básicos e imprescindibles, facilitar a vivenda, axudar ao comercio, á industria e dinamizar o agro e a gandaría, apostando polo rural como o mellor xeito de vida, sen esquecernos de ningunha franxa de idade.