O rianxeiro Miguel Silva, coñecido como Aquel-e no mundo de Youtube, compartiu unha xornada cos estudantes do Marco do Camballón sobre a situación actual da lingua, a cultura e a identidade galegas. Animou ao alumnado a facer os seus propios vídeos para abordar estas cuestións, ao mesmo tempo que falou do funcionamento das redes sociais. Este filólogo e comunicador ten difundido vídeos como Castelao inventou os memes ou O galego fermoso e o que non o é tanto. No seu discurso, defende que artistas como Ana Kiro ou Sabela Ramil son uns referentes na música galega pop, e incide no valor da lingua e da cultura como ferramentas de desenvolvemento.