Silleda acode á asemblea xeral do Fondo Galego de Cooperación en Santiago
A organización pechará este ano iniciativas en Mozambique e iniciará novos proxectos en África

Pilar Peón (dereita), durante a asemblea celebrada en Santiago.
Redacción | Silleda
O Concello de Silleda volveu estar presente na asemblea xeral do Fondo Galego de Cooperación, do que é membro dende o ano 2016. A concelleira de Benestar Social, Educación e Igualdade, Pilar Peón, participou onte en Santiago nesta convocatoria xunto a representantes doutros concellos e deputacións.
Nesta asemblea xeral presentouse o plan de actividades para o ano en curso, logo de recoller as achegas realizadas polo persoal técnico nas xuntanzas da Rede Municipalista Solidaria. O programa de 2019 contempla catro áreas: fortalecemento da asociación, sensibilización da veciñanza fronte ás desigualdades, proxectos de cooperación internacional e comunicación. Deste xeito, está previsto continuar captando novas administracións socias, fomentar a colaboración cos países lusófonos e reeditar o programa de voluntariado internacional e cooperación técnica Vacacións con Traballo, na súa dobre vertente.
Ao tempo, seguiranse ofertando actividades de educación para o desenvolvemento, como espectáculos musicais e teatrais, algúns deles novidades deste ano. Tamén se contará coas exposicións sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e sobre as persoas refuxiadas, canda novas mostras arredor dos dereitos humanos en Mozambique ou das mulleres en Guinea Bissau.
En canto á cooperación internacional, pecharanse as dúas iniciativas impulsadas en Mozambique, unha para previr doenzas e adiccións na mocidade a través do deporte e outra para garantir o abastecemento de auga nun municipio rural. Nesta mesma liña, está previsto activar novos proxectos con municipios da África lusófona, amais de reservar unha partida para axudas de emerxencia.
Alén da presentación do plan de actividades e do orzamento para o ano en curso, a orde do día incluíu o balance do exercicio anterior, a ratificación das altas das novas administracións locais socias do Fondo de Cooperación e o inicio do proceso para conseguir a declaración de utilidade pública para a asociación de concellos e deputacións.
- Ahora muchos lo ven claro en el PSOE: Lastra fue 'borrada de Ferraz' por la denuncia del 'puterío' de Ábalos... y Cerdán tomó el poder
- Divertículos en el colon: Qué son, cómo prevenirlos, sus síntomas y opciones de tratamiento
- Ni dolor de espalda ni hernia discal: los signos de alarma para sospechar de un tumor vertebral
- Evacuados en helicóptero una niña y un adulto de urgencia desde las Islas Cíes
- Hallan los cuerpos de Txell Fusté y Esteve Carbonell, desaparecidos en los Pirineos hace seis meses
- La Guardia Civil localiza a una niña pequeña deambulando sola por una calle de Nigrán
- Síntomas para descubrir a tiempo la enfermedad más mortífera y difícil de diagnosticar
- «No podemos vivir el uno sin el otro», afirmaba Marisol, la víctima de Campo Lameiro