Un veciño do lugar de O Balado, na parroquia cruceña de Salgueiros, denuncia o mal estado que presenta un camiño público, que enlaza dúas pistas de asfalto. Segundo este lugareño, o vial está cheo de auga, debido a que as tubaxes está atascadas, e é completamente intransitable, xa que as pedras están levantadas. "Non podemos pasar nós, nin cos tractores, nin siquiera os animais", sinala e engade que xa lle comunicou esta situación ao concelleiro de Obras e Servizos, Andrés Lareu, hai un tempo e e que, de feito, o Concello quedara de vir arraxalo xa no verán pasado.