A vaca Rey 747 July High Octane da S.A.T Rey de Miñotelo, de A Pastoriza (Lugo), acadou esta tarde o premio Vaca Gran Campiona tanto no concurso XXVIIII Autonómico como no XXXV Open Internacional da Raza Frisoa, celebrado no marco da III Feira de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro 2019, a cal acaba de pechar as súas portas na Feira Internacional de Galicia ABANCA.

Ademais deste título, no Concurso Autonómico, patrocinado por Xenética Fontao, outorgouse o de Reserva Gran Campioa, que recaeu en Cid Debutante Chona, da Gandería Cid, de Barreiros (Lugo).

En canto ao XXXV Open Internacional da Raza Frisona, ademais da Vaca Gran Campioa, cuxo galardón foi patrocinado por Abanca, outorgouse o Reserva Gran Campioa, que recaeu en Quintana Julia Windbrook, de gandería Cudaña, de Valdáliga (Cantabria).

Por outra banda, o galardón de Mellor Criador de Galicia, patrocinado por Xenética Fontao, recaeu na gandería Manteiga, de Vila de Cruces, sendo subcampioa S.A.T Rey de Miñotelo. O premio ao Mellor Criador Internacional, patrocinado por Delagro, recaeu na gandería Cudaña, mentres que a subcampioa foi gandería Manteiga.

En canto á Mellor Gandería de Nova Participación, que contou co patrocinio de Silvet Veterinaria, no concurso Autonómico o galardón recaeu na gandería Gestoso, de A Estrada. No Internacional a mellor foi El Campgran, de Manlleu (Barcelona), mentres que o segundo posto o acadou a gandería Cal Marquet, de Pla de Sant Tirs (Lleida).

O mellor manexador do concurso foi Jaume Serrabassa Vila, de Vic (Barcelona).

En total, aos certames presentáronse 164 animais de ganderías procedentes de distintos puntos de Galicia, Asturias, Cantabria, Cataluña e Portugal. Organizados por la Federación Frisona Galega (Fefriga) en colaboración coa Fundación Semana Verde de Galicia, foron xulgados por Giuseppe Beltramino, xuíz internacional da asociación frisoa italiana, ANAFI.