Cerdedo-Cotobade e A Estrada acollerán 13 actividades das Letras Galegas dedicadas a Antonio Fraguas

O Domingo de Piñata na Chan haberá un desfile centrado no Entroido galego que Fraguas estudou

Tabeirós-Montes

Cerdedo-Cotobade e A Estrada acollerán quince actividades da programación anual das Letras Galegas dedicadas a Antonio Fraguas.

Cerdedo-Cotobade acollerá o acto central de xunta extraordinaria e pública da Real Academia Galega o 17 de maio. Tamén impulsa un obradoiro centrado no Entroido galego que Fraguas estudou. Culminará o 10 de marzo, Domingo de Piñata, cun desfile na Chan. Tamén organizará o Certame de Artesanía Antonio Fraguas Fraguas e o Roteiro do Foxo do Lobo ata a casa natal de Fraguas. Acollerá dous contacontos: "As raposadas con Don Antonio" antes de maio e A detective Peregrina e o insólito "caso Antonio Fraguas" entre maio e xuño, en ámbolos dous casos co apoio da Deputación. O 2 de xuño no Mercado de Cuspedriños terá lugar a Pasarela do traxe galego. Tamén acollerá en abril o Concerto de Amantes da Terra e o de Música de Raíz, co apoio de Deputación e Xunta, un concerto de Os de Algures en outubro e en data ainda por determinar un concerto de Sonsoles Penadique sobre o Cantigueiro de Cotobade.

Na Estrada acollerá a ofrenda floral do Día das Letras Galegas e unha serie de roteiros en abril.

TEMAS

  • Antonio Fraguas
  • Das
  • RAG
  • Real Academia Galega
Tracking Pixel Contents