O espazo da Televisión de Galicia Luar, de mañá, venres, estará adicado á celebración gastronómica lalinense. Durante o espazo dirixido por Xosé Ramón Gayoso entregaránse os Premios de Gastronomía de Galicia e os "Álvaro Cunqueiro" de xornalismo gastronómico. Ademais de representantes do goberno lalinense, desplazaránse ata o plató onde se realiza o programa medio cento de veciños, que viaxarán ata Teo nun autobús habilitado polo Concello.

Nesta gala haberá representación local, coa participación do músico Benxa Otero, de Yhadira, a agrupación de baile dezá Scene Ballet, a Banda de Gaitas O Carballo da Manteiga e o grupo tradicional A Carballeira de Cercio. O espazo televisivo da noite do venres na canle autonómica contará asimesmo con outras actuacións musicais; entre elas as de Chenoa, Sweet California, Marcela Morelo, Guadi Galego ou Xabier Díaz e as Adulfeiras de Salitre.