O centro cultural Manuel Lamazares, de Rodeiro, acolle o próximo mércores, dia 27 (11.30 horas) o espectáculo de monicreques A viaxe de Rosalía, co que conmemora o nacemento dunha das escritoras máis importantes da literatura galega. A titiriteira Larraitz Urruzola convértese en Francisca do Campo, a madriña de Rosalía de Castro, para repasar toda a súa traxectoria vital e literaria.s