Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

María Concepción Sánchez: "Precisamos xenotipos que fagan fronte ao cambio climático, que está aí"

"Hai viveiros que se adicaron a buscar nas zonas rurais variedades frutais desaparecidas"

Concepción Sánchez onte, durante a súa ponencia no instituto Aller Ulloa. // ´Bernabé/Javier Lalín

O IES Aller Ulloa, de Lalín, acolleu onte un acto para seguir conmemorando o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, celebrado o pasado día 11. A directora do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia, centro de investigación do CSIC de Compostela, foi a encargada de abordar o tema Biotecnoloxía forestal. Vieiro de árbores e investigadores.

-¿Esperta a biotecnoloxía forestal o mesmo nivel de rexeitamento, ou recelo social, como ocorre cos alimentos transxénicos?

-A verdade é que ese debate lle afecta máis aos alimentos, que teñen moito máis eco que o ámbito forestal, pero penso que a xente máis ou menos informada é capaz de valorar os riscos e as vantaxes. A biotecnoloxía forestal, como técnica, é máis recente que a dos alimentos, pero non é unha disciplina que leve cinco ou dez anos, porque se o pensamos ben, toda a ciencia se serve da natureza. E esta materia está implantándose cada vez máis nas universidades e na docencia.

-¿No instituto ao que vostede pertence traballan só con determinadas especies, como o castiñeiro, agora que está en auxe a produción de castaña como alternativa a outras plantacións forestais?

-Centrámonos nunha ou noutra especie segundo as necesidades que temos en marcha ou en base ás demandas que nos fan as empresas, de maiera que nos adicamos tanto a castiñeiros como eucaliptos ou sobreiras. E no noso labor también figura a recuperación de especies frutais autóctonas.

-Agora que o menciona, ¿podemos dar por perdidas algunhas variedades frutais típicas de Galicia, pola chegada de plantas foráneas típicas doutras latitudes?

-Pode haber algunha perdida. Pero tamén teño que engadir que hai viveiros que se adicaron a buscar nas zonas rurais parte dese material.

-¿Cómpre esa intervención xenética nas especies forestais, para que se vaian acomodando ao cambio climático?

-Está claro que hai que prepararse para ese cambio climático que está aí, precisamos xenotipos que poidan facer fronte a esta circunstancia, e de aí o papel en canto a conservar especies.

-Vostede é un exemplo de muller científica. ¿Aínda segue sendo minoritaria a presenza feminina neste ámbito profesional?

-A verdade é que se foi incrementando o número de ,mulleres nas disciplinas científicas, pero hoxe en día hai como unha especie de pescozo de botella no momento de poder chegar a escalas superiores. Iso sí, ese pescozo cada vez vaise facendo máis pequeno. A intención destes ciclos de conferencias en centros educativos é o de xenerar inquietude e fomentar o papel da muller nas investigacións científicas.

Compartir el artículo

stats