Lalín prevé a chegada de 60.000 visitantes o vindeiro domingo pola 51ª Feira do Cocido
A presentación en Santiago pon fin á xira promocional polas prazas de abastos cunha degustación de máis de duascentas tapas
Lalín
O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña convida aos galegos a que acudan o vindeiro domingo, día 24, á "capital mundial do cocido" para celebrar unha nova edición deste evento gastronómico de interese turístico nacional, nunha cita na que se prevén uns 60.000 visitantes. Así o fixo na mañá de onte, acompañado polo concelleiro de Turismo, Francisco Vilariño, co gallo da presentación da 51ª Feira do Cocido en Santiago de Compostela.
Santiagueses e turistas non quixeron deixar pasar a oportunidade de gozar do plato lalinense na derradeira parada do itinerario promocional, que tivo lugar na súa Praza de Abastos. As máis de 200 tapas baseadas no cocido elaboradas por Diego López, do Restaurante La Molinera, rematáronse en pouco tempo deixando constancia entre os presentes da enorme calidade dos produtos locais e do potencial da súa hostalería. Tamén acudiu o delegado en Compostela de Gadis, patrocinador da cita, coa colaboración de Abanca e Coren.
Este ano cambiou a forma de difusión da festa, con visitas ás prazas de abastos de varias localidades galegas -tamén pasaron polas de Pontevedra, Vilagarcía, Vigo, A Coruña e Lugo- e con percorridos polo norte de Portugal e polo Bierzo. "É un modelo que está a gustar", xa que "as tapas duran pouco enriba da mesa", sinalaba Cuíña, que enmarca a promoción no traballo a prol da "internacionalización" da festa. Vilariño valorou a acollida "moi positivamente" desta "proposta nova, que aposta pola calidade, por pór en valor aos restauradores e o produto". "Temos unha base asentada que fai que a feira sexa un éxito" e que "estea no mellor momento", algo "moi importante en termos económicos", remarcou.
Cuíña agradeceu aos galegos que han ir a Lalín a comer o cocido durante toda a temporada e convidounos a pasar o día grande na capital dezá. "Esperamos miles de visitantes na capital mundial do cocido", incidiu. Alcalde e concelleiro comentaron que as previsións meterolóxicas para o domingo 24 "son boas" e expresaron o seu desexo de "ter unha das feiras con máis afluencia de público e de visitas". "O que di a experiencia é que se hai bo tempo haberá ao redor das 60.000 persoas e se chove, 40.000", apuntou Cuíña, que reiterou o agradecemento "pola asistencia masiva".
Cocido Solidario e Luar
Por outra banda, mañá remata o prazo de compra de entradas para asistir ao Cocido Solidario, que se celebra o 24 no marco dos actos oficiais da LI Feira do Cocido. Os pases poden recollerse no consistorio, no Pazo de Bendoiro e na Asociación de Empresarios de Deza (AED), cun prezo de 38 euros, dos que 5 van asignados ao colectivo Carabelo. Tamén se poden ingresar os cartos na conta ES96 0081 5564 4000 0130 6239, con fila cero habilitada para os que queiran colaborar sen acudir ao ágape.
Tamén mañá, luns 18, finaliza o prazo para reservar entradas para o Luar do Cocido, que a TVG emitirá en directo o vindeiro venres, día 22, desde o Plató 1.000 de Montouto, en Teo. Hai 50 tiques, que se asignarán de balde e por orde de solicitude. O Concello fletará un autobús.
- Muere abrasado por las llamas dentro de su vehículo en Redondela
- Muere uno de los atracadores históricos implicados en el gran golpe de Gran Vía
- Una mujer divorciada recurre al Constitucional para evitar que ella y su hijo sean desahuciados
- «Por la Lennon pasó lo mejorcito de la música española del momento»
- La batalla de los sacerdotes enamorados: 'El tabú se está rompiendo y no nos vamos a rendir
- Se masturba y eyacula detrás de una mujer que daba de comer a unos gatos en una calle de Vigo
- Vuelve a cambiar el precio de la bombona: esto es lo que costará a partir del martes
- Galicia lanza un nuevo plan «Renueva tu Vehículo» por 3,1 millones con el reto de superar las 30.000 matriculaciones en 2025