A parroquia lalinense de Botos albergará o domingo 17 de marzo unha homenaxe ao recén xubilado párroco de A Xesta, Botos, Vilanova e Doade, Francisco Lodeiro Vázquez. A xornada festiva arrancará cunha misa que estará oficiada polo bispo da Diocese de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco, que precisamente elixiron esta data en función de que o monseñor poidese asistir. En principio, o acto relixioso será na iglexa do lugar, aínda que os organizadores barallan a posibilidade de celebralo fóra do templo, e sobre todo se as condicións meteorolóxicas o permiten.

Seguidamente, terá lugar unha comida á que poderán asistir, non só os veciños destas catro parroquias, senón quen o desexe. O prazo para anotarse e o lugar da celebración, así como o prezo do menú, aínda están por concretar. Francisco Lodeiro Vázquez é natural da parroquia de Berredo (Agolada), pero reside en Lalín, e durante máis de 30 anos encargouse destas parroquias lalinenses. No pasado mes de decembro os feligreses de A Xesta rendíronlle un tributo sorpresa durante a última misa.