Faro da Escola é o proxecto editorial de FARO DE VIGO que pretende acercar a prensa e os xornais aos centros educativos. Onte o alumnado do Xesús Golmar aprendeu da novela de Marcos Calveiro e do propio autor, que lles contestou a máis dunha trintena de preguntas tras a súa charla. Entre elas cando empezou a escribir, cales son as súas obras, cantos anos ten ou incluso, de que equipo de fútbol é. Desta maneira, os rapaces non só espertaron a súa conciencia ecolóxica, senón o seu afán por escribir ou debuxar. "Non se pode escribir, senón les e se queredes ser ilustradores, tedes que saber que un ilustrador, primeiro ten que ler o libro, porque ten que saber o que pasa para saber contar unha historia con debuxos". Marcos Calveiro (Vilagarcía, 1968), neto de feirantes taberneiros é licenciado en dereito. Deuse a coñecer como narrador coas novelas xuvenís Sari soñador de mares e Rinocerontes e quimeras.