-Liderará vostede a candidatura de Compromiso por Agolada?

-É certo que a persoa que encabeza unha candidatura é a máis visible, pero todas as persoas que forman un grupo están nun mesmo nivel de importancia, aquí todos aportamos. Polo tanto, liderará a candidatura a persoa que o grupo considere. Creo que isto en Agolada non sei fai moi habitualmente, aínda que descoñezo o proceso dos outros partidos na elección de candidatos, pero creo que de maneira aberta non o fai ninguén.

-Así, aínda non o decidiron?

-Non, e desde o grupo animamos a todos aqueles que se queiran unir ao nos proxecto, que nós encantados.

-Que pensan de que se presenten outros partidos, como o PAYJ?

-Para min non hai nada máis democrático e plural como a diversidade de pensamento. Descoñezo o programa electoral do PAYJ para as municipais, simplemente coñezo un pouco as ideas centradas na política autonómica e nacional. Pola miña parte, se fan unha política construtiva e desde o respecto, véxoo positivo que se presente, que haxan partidos políticos que queiran defender o seu ideal, perfecto. E gustaríame agradecer o traballo de exconcelleiros, tanto do PSOE como do Bloque, que para min fixeron un gran traballo polo municipio e creo que nunca se lle deu o recoñecemento que se merecía. Por persoas como elas é polo que eu estou en política.

-É necesario un cambio de goberno?

-Un si con rotundidade e contundencia. Agolada necesita que se fagan novas cousas e dar voz a outra xente e centrarse no pobo e esquecerse dos egos personais.