A Fundación Neira Vilas acolle mañá ás 18.00 horas a reunión do seu Padroado, para comenzar o proceso de escolla do presidente, tralo falecemento de Luis Reimóndez Fernández o pasado 15 de decembro. Haberá que designar, tamén, a persoa que ocupe a vacante de Reimóndez no propio Padroado, que tén entre 11 e 21 membros. A reunión determinará ademais as datas nas que se presentarán un documental e o "Dietario derradeiro", unha das obras póstumas de Neira Vilas.