Celso Fernández Sanmartín: "A poesía non dá explicacións, o que realmente fai é dar pasos no misterio"
"Os humanos somos seres simbólicos e atopamos compañía e consolo en cousas que sendo materiais din moito máis alá"

Benxa Otero, Dores Tembrás, Celsiño e Carlos Negro, onte, na presentación do libro. // Bernabé/Javier Lalín
Lalín
A Sala Moderna do Café Camilo de Lalín quedouse pequena onte para acoller a presentación do novo poemario do polifacético artista Celso Fernández Sanmartín. Baixo o título de A cama de meu avó Manuel Sanmartín Méndez, o contacontos dezao máis coñecido como Celsiño lembra a figura do seu antepasado nun texto publicado pola editorial Apiario.
-A que responde que escollera a cama do seu familiar para o título e non outra referencia súa?
-Habería moitas. Tés toda a razón, pero eu devólvoche a pregunta a ti. Pono en calquera persoa que ti coñezas e dis: e por que me fixei nesta e non noutra cousa? A cama é un símbolo simplemente. Puido ser a navalla que deixou a medio usar, podía ser o carretillo co que ia á horta ou podería ser a sacha que herdei eu porque todos eses materiais de traballo quedáronme na casa para seguirse usando. En cambio, a cama quedou parada e iso remite realmente á falta da persoa. Porque eu a sacha e o carretillo volvinos a usar, pero a cama desmontoúse e púxose no sótano, e cada vez que a vexo dame máis para pensar na falta do meu avó.
-O novo poemario é unha homenaxe a Manuel Sanmartín ou simplemente é unha excusa?
-O poñer a meu avó xa no punto de referencia é evidentemente para falar del, pero falando do persoal fálase do universal tamén. Ti falas sobre a falta dunha persoa, estás falando para quen te le da falta de calquera persoa en xeral. Aí é onde un lector ou lectora de poesía atopa un eco no que a outra persoa di. Nese sentido a poesía sírvelle. Non é simplemente unha devoción persoal miña.
-O seu avó foi unha persoa tan importante na súa vida como para adicarlle un libro de poemas?
-Por suposto. Teño que dicir que este libro quedou moi redondiño porque sería como moitos libros inacabable, non? Eu podería seguir falando del, seguir remoendo o que é a súa ausencia, o que foi a súa vida e o que eu coñecín del. E coma cando tés unha estampa ou unha postal e dis ti que aquí está resumido todo o que eu necesito para este momento polo menos.
-Non lle parece que chegamos a pensar algunha vez cos nosos seres queridos son inmortais?
-Iso é unha evidencia que non queremos constatar, pero por iso como os humanos somos seres simbólicos atopamos compañía e consolo en cousas que sendo materiais din máis alá do que son en realidade. Quero dicir que realmente nos acompañan. Por exemplo, unha persoa crente cando vai cunha medalla posta esa medalla acompaña ao conxunto completo da súa vida e o sentido ca vida ten para el. Eu penso que a falta dunha persoa non chega realmente en canto ti tes memoria desa persoa.
-Que espera deste poemario?
-Este libro é simplemente un libro de compañía. Os libros de poesía non buscar dar explicación a nada. Iso inténtao a filosofía, as matemáticas e incluso os xornalistas, que tentades darlle explicacións ás cousas. A poesía o que fai e dar pasos no misterio. Imaxínate que entras nunha casa e foise a luz e non se ve nada, os demáis tentan quedarse na porta pero ti das pasos na oscuridade internándote nun terreo que non sabes a onde te pode levar, pero que é necesario darlle esa vida a ese impulso e iso non o consigues quedándote a falar na porta. Iso é o que fai a poesía: métese nas preguntas. Este libro foi escrito fai anos e vin que conservaba a forza que eu necesitaba que tivese. Teño xa moitos frentes abertos.
Suscríbete para seguir leyendo
- La calle donde mejor se come en España está en Galicia y tiene 80 bares en 150 metros según la revista Viajar
- Rescatan de un contenedor a una mujer que intentaba recuperar un artículo en Soutomaior
- El pueblo gallego que no tiene turismo: playas vírgenes y está declarado Conjunto Histórico-Artístico
- «Le invitó a cocaína y lo violó»: ratificada la condena por agresión sexual y robo a un joven en un parking de Vigo
- El vigués que apuñaló a su exmujer ya mató al hermano hace dos décadas
- Habla la embarazada que se fugó de Asturias para que no le quiten el bebé: 'Mañana me provocan el parto, volveré para el juicio
- Los narcos detenidos almacenaban la droga en el parking del Álvaro Cunqueiro de Vigo
- Un coche vuelca en Domaio y el ocupante se muestra agresivo con la Policía tras dar positivo en alcohol y drogas