A Regueifesta viaxa a Cataluña

Cataláns, vascos e portugueses asistirán no Auditorio de Galicia á vindeira edición, que reunirá a un milleiro de participantes

Actuación na biblioteca Anxo Casal, en Santiago, durante a presentación da Regueifesta. // Xoán Álvarez

Actuación na biblioteca Anxo Casal, en Santiago, durante a presentación da Regueifesta. // Xoán Álvarez

laura moure | Vila de Cruces

A Regueifesta 2018-2019 xa está en marcha. Onte alumnado do IES Marco do Camballón asistiu pola maña ao instituto Arcebispo Xelmírez 1, de Compostela, para disfrutar de obradoiros e pola tarde, tivo lugar a presentación do que será a programación desta nova edición, que inclúe un intercambio luso e catalá e que reunirá a un milleiro de participantes durante a súa celebración no Auditorio de Galicia.

Tal e como comentou o mestre cruceño Séchu Sende, os rapaces disfrutaron dun obradoiro de regueifas a cargo de Lupe Blanco e Sara Marchena, incidindo nos valores de xénero, xa que esta iniciativa ten como principal obxectivo abordar distintos valores ao longo das súa edicións, como de xustiza, sociais, como por exemplo, a ecoloxía, entre outros. Desta maneira, onte o alumnado de Cruces e tamén do centro Maximino Romero de Lema, de Baio, e os usuarios da Escola Semente, traballaron en recoñecer os prexuízos sexistas e regueifar en clave feminista.

Pola tarde, antes de dar as pinceladas sobre o programa, na biblioteca compostelá Anxo Casal, o grupo de pandereteiras Enxebre, finalistas no concurso de música xuvenil Quero Cantar, presentaron o tema Sempre combativas, que elas compuxeron. "É un tema onde tratamos que unha muller sae de onde se atopaba sumisa e se senta poderosa", indica Aleixandra Torres, unha das compoñentes, que eloxia esta maneira de expresión.

Este ano, tal e como indica Sende, " é un ano especial porque incorporamos un intercambio con Portugal, e aquí temos regueifas e alí cantos ao desafío". Farán un intercambio cun instituto luso e eles virán despois a Regueifesta. Este ano o Regueivetso será en Cataluña, xa que era un intercambio con vascos, pero este ano únese esta nova comunidade e será alá. Despois, vascos e cataláns virán a Galicia. "É unha oportunidade para que coñezan outras linguas e valoren as culturas propias". Este ano uniránse ao Enreguéifate Rianxo e Pontevedra, no que xa colaboran Santiago, Carballo, Teo e Ames.

TEMAS

  • Auditorio de Galicia
  • Galicia
Tracking Pixel Contents