As invitacións para o concerto que o grupo de música tradicional galega Leilía ofrecerá o sábado, 17 de novembro, no Teatro Principal da Estrada están esgotadas a pesares de que hai poucos días que se puxeron a disposición do público no Departamento de Cultura do Concello da Estrada.

Nembargantes, a administración local lembra que aínda existe disponsibilidade de entradas para disfrutar do espectáculo cómico de Pepe Viyuela, que terá lugar o vindeiro 15 de decembro, e que aínda quedan arredor de 130 invitacións para poder disfrutar da actuación de Roi Casal o vindeiro 1 de decembro. As tres actuacións terán lugar ás 21.00 horas.