O día 16 de decembro celebrarse en Silleda o 25º aniversario da ordenación sacerdotal de José Pérez Barreiro. É o párroco da igrexa de Santa Eulalia de Silleda desde o ano 2012, cando substituíu a Julio Insua Villamayor, e é natural da parroquia de Breixa. A xornada incluirá unha misa e un xantar e estará amenizada por música.

A celebración arrancará ás 13:00 horas cunha eucaristía no auditorio da Semana Verde. Estará presidida polo bispo Alfonso Carrasco Rouco e cantada pola coral polifónica Trasdeza e o Coro Vales Mahía. Despois, terá lugar un xantar ás 14:30 horas no restaurante Coteliño, de Silleda, e estará amenizado polo grupo Os Sin Son Gaitheiros. Os interesados en asistir deberán retirar as entradas ata o 9 de decembro por un prezo de 25 euros. Pódense mercar en Mercamella, no Colexio María Inmaculada e na Farmacia Garrido, en Silleda; Farmacia Silva e Artesa de Maica, da Bandeira; ou nas tendas Bernabé e en distintas parroquias. Haberá servizo de autobús.